Saturday 04 de May de 2024

Laxe consegue un novo vehículo para o concello


• A adquisición do vehículo contou cunha subvención do 75% da Xunta de Galicia

Hai unhas semanas que o concello de Laxe conta cun novo vehículo máis eficiente e ecolóxico no seu inventario o vehiculo foi recepcionado polo alcalde Jose Luís Pérez na compaña do concelleiro de Obras e Servizos Eulogio Costantino.

Con esta actuación o concello de Laxe comprométese co medio ambiente e co Pacto dos Alcaldes para o clima e a enerxía, xa que este novo vehículo adquirido polo consistorio, conta cunha mecánica moderna de baixo consumo e por suposto hibrido, reducindo considerablemente os gases contaminante nos espazos naturais.

Nesta ocasión o alcalde José Luís Pérez conseguiu que a Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo fágase cargo do 75% do valor do vehículo, tendo que poñer o consistorio soamente o 25%, agradece novamente o compromiso da Xunta e está a traballar para poder conseguir máis subvencións deste tipo e poder así conseguir ir cambiando o parque móbil, que xa conta con vehículos moi antigos.